Día Mundial da Calceta en público 2011

posted in: Día mundial da calceta - 2 Comments

Cartaz do Día Mundial da Calceta en Público 2011

Hola,
Vimos de recibir a autorización do Concello para ocupar o espazo do Palco hoxe entre as 17 e as 22 horas.

A quen vaia vir lembrarvos que:
- Cada un traballará na súa labor (este ano non haberá labor conxunta)
- Se podedes traer algo de fío e agullas de sobra, por se alguén se nos quere unir e non trae con qué, tamén pode estar ben.
- Hai que levar en qué sentarse, así que cadaquén terá que traer a súa silliña ou taburete
- Como vai ser unha cousa un pouquiño “picnic”, se alguén quere traer algo para beber ou comer, para compartir, pois benvido será.

Un bico e ata esta tarde…

WWKIP Day 2010 – Día mundial da calceta en público

posted in: Día mundial da calceta - 5 Comments

Onte celebramos o noso día da Calceta en público e por aquí temos algunha fotiño, que esperemos que aumenten en número:

Para que vexades, tamén, o que fixeron noutras cidades:

Proxecto Peixe (definitivo)

posted in: Día mundial da calceta, Labores - 3 Comments

Por fin temos listo o patrón definitivo do peixiño que imos tecer o mércores, na Rúa da Troia, ás 19:00…

Así quedará cada un para despois poder xuntalos todos e facer unha mantiña.

Podedes descargalo e imprimilo para ir adiantando choio.

PATRON DO PROXECTO PEIXE

Tamén Pepe Xoga traballou no carteliño do evento e este foi o resultado, moi chulo:

Patrón do peixe

posted in: Día mundial da calceta (Tags: , , ) - 1 Comment

Aquí vos deixo o patrón inicial do peixe que imos calcetar o “Día mundial da calceta”, pero imos investigar a ver si conseguimos simplificalo para poder facelo todas.

Bico e a practicar.

Patrón do peixe

A nosa primeira aparición na radio

posted in: nos medios - 1 Comment


O día 31 de marzo (se non me equivoco, que pode ser) María José Rodríguez veu facernos unha visita-entrevista para o seu programa Somos quen, da Radio Galega. Feitas as pesquisas e os traballos oportunos este é o estracto. Son 11 minutiños:

Somos Quen, 4/4/2010

Inauguramos blog ;)

posted in: Xeral - No Comments

Benvido todo o mundo ao noso blog… a ver que imos poñendo por aquí.

Bicos para todas e a calcetar nun ratiño